Sobre o Apalpador xa falamos hai, máis ou menos, un ano. Agora que todos sabemos quen é propoñémosvos un enredo con el: trátase dun concurso de ilustracións deste personaxe mítico do Nadal no que cada un de vós expresará como o imaxina, tomando como base a imaxe que atoparás premendo aquí; é dicir, co cabelo e a barba alaranxados, a chaqueta verde, con boina, bastón e pipa e calzado cunhas chinelas de cadros. Valerá calquera técnica pictórica e o tamaño decidirao o/a autor/a, sempre nun papel algo duro (cartolina ou similar). A tarefa ten que ser entregada na Conserxería do instituto a máis tardar o luns 19 de decembro. Despois, un xurado declarará cal será o traballo merecente do premio (aínda por decidir). Por certo, esmerádevos un pouco porque pode que non se repartan premios se a calidade dos traballos non é minimamente boa.
4 Dec