Para lerdes por pracer!

Dende o EDLG do IES Valadares queremos desexarvos a todas e todos moi bo verán e que gocedes do pracer da lectura.

Aí van algunhas recomendacións!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Xa chegou o día!

Hoxe é día de festa!

O noso homenaxeado é o profesor Ricardo Carvalho Calero, unha das figuras máis sobranceiras do movemento galeguista e da literatura do século XX. Defensor da normativa reintegracionista para o noso idioma e da lusofonía.

Festexamos todas e todos nós o día das nosas letras e da nosa lingua. Que este festexo dure ata o vindeiro 17 de maio.

Por 1000 primaveras máis!

Preme na imaxe para ver o vídeo do poema de Manuel María: “A fala”.

Balloons, Party, Colors, Rubber, Fly, Helium, Air

 

17 de maio: Día do galego

A organización Queremos galego! proponnos seguir defendendo a nosa lingua dende as fiestras das nosas casas.

AÍ ESTAREMOS!

Preme na imaxe para acceder ao vídeo informativo.

20200514_193617

Un mundo sobre Carvalho Calero

A páxina Aulas Galegas fixo unha compilación excelente de todos os recursos sobre o autor homenaxeado este ano o Día das Letras. Sonvos un mundo delas!

Premede na imaxe para acceder a elas.

Ricardo Carvalho Calero - Home | Facebook

Xogamos con Carvalho Calero

Este ano temos múltiples proposta lúdicas para traballar coa vida e a obra do noso autor homenaxeado no Día das Letras e, así, aprendermos máis sobre el.

ANIMÁDEVOS A XOGAR!

Premede nas imaxes para acceder ás ligazóns dos xogos.

Mansión, Sombrío, Escalofriante, Misterio, Misterioso

Fuente, Juego De Plomo, Impresión Del Libro, Gutenberg

Maio 2020: Carvalho Calero

Este ano o noso Día das Letras do 17 de maio homenaxeamos a un dos nosos autores máis sobranceiros: o profesor Ricardo Carvalho Calero.

Desde a Real Academia Galega e moitas outras institucións estanse a levar a cabo centos de propostas lúdicas e de estudo sobre este escritor.

Deixámosvos, a continuación, diversos enlaces de interese.

Premede nas imaxes para máis información.

El diccionario de la Real Academia Galega incorpora 'Ciberataque ...

 

Árbol De Roble, Árbol, Enorme, Antigua, Charleston

A festa dos Maios

O mes de maio cheira a primavera e, para celebralo, por toda Galicia as rúas énchense de flores e coplas.

Pinchade na imaxe e coñecede máis sobre esta celebración tan nosa.

Fresno, Hojas, Primavera, Vegetación

Se queredes máis información, mirade este vídeo de Nubes baixo ti sobre a súa participación nesta celebración e os seus consellos para crear unhas boas coplas.

Cuota, Angel, Elf, Ala, Mística, Cuento De Hadas

 

25 de abril: Revolução dos Cravos

Dende o confinamento das nosas casas podemos lembrar esta data tan especial para toda a lusofonía.

Preme na imaxe para saber máis da celebración deste día e da súa canción.

facebook_1587757056967_6659535775065840643 (1)