O apalpador ou pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Courel e O Cebreiro, aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.
Podes ver a súa visita do ano pasado a Compostela na seguinte ligazón: http://cedlgdevigoebisbarra.blogspot.com/2010/12/xa-esta-piques-de-chegar-castanas-ven.html
E é que non sempre existiu o tal Papá Noël nesta nosa Terra. Aquí sempre fomos máis dos Reis. A imaxe do Santa Claus que coñeces éche moi recente na Historia, ten as cores dunha coñecida marca de bebidas gasosas e moito “marketing” detrás. Hoxe o Apalpador volve ser a súa competencia no noso país.
Posted by As imaxes do Apalpador « abuguina on 4 de Decembro de 2011 at 11:09 pm
[…] no que cada un de vós expresará como o imaxina, tomando como base a imaxe que atoparás premendo aquí; é dicir, co cabelo e a barba alaranxados, a chaqueta verde, con boina, bastón e pipa e calzado […]
Posted by O Apalpador on 20 de Decembro de 2012 at 3:25 am
Aquí podedes ver un novo vídeo sobre O Apalapador, que agardo que vos guste http://youtu.be/JmAfI4ucKJc
Tamén podedes descargar de balde a canción dende a web http://www.oapalpador.tk
Boas festas