Nós, as alumnas de 4º da ESO xa fomos moitas veces ás exposicións do Verbum. Pero esta visita en outubro encontrámonos con algo novo, cunha exposición fotográfica dun dos nosos profesores do instituto, Anxo Cabada.
Esta exposición, chamada Vilagrafías, gustounos moito, pois Anxo capturaba imaxes que non son as que un espera. Como por exemplo, nunha imaxe saía un ancián, unha árbore e un río e no lugar de enfocar o home, enfocou á árbore e o demais saía de segundo plano.
Nalgunhas imaxes saía el. Unha das mellores foi na que saca unha imaxe a dúas persoas no que antes era un mosteiro, tendo cada unha un espello diante da cara e sae el, sacando a foto.
Despois da explicación das imaxes, fixéronnos unha enquisa do que nos explicaran. Todos tivemos boas notas, e a nós, as gañadoras, con 9 puntos, Anxo dedicounos un catálogo das súas obras: Vilagrafías e Maregrafías.
Ademais da exposición fotográfica, vimos unha sala que falaba da lingua e da comunicación entre persoas. Tamén nos gustou, pero tíñamos présa e non fixemos moito, pero as cousas das que nos falaba a monitora eran interesantes e aprendemos moito.
O derradeiro que fixemos foi facer versos dun poema utilizando unha soa vogal, imitando ó rapeiro Nach, pero é moi complicado. Explicáronnos tamén o idioma dos xordo-mudos e comprendemos o gran traballo que fan os que ensinan isto.
A visita foi moi agradable, gutounos moito.
Natalia Novoa Álvarez 4ºA e Ana Posada García 4ºC