Resolución do IV Certame de Microrrelatos do IES Valadares
1º CICLO
Os membros do xurado acordaron conceder os seguintes galardóns:
1º premio: Alba Beatriz Iglesias Besada, de 1º B , baixo o pseudónimo “María Isolina Gato Sardiña”
O DERRADEIRO SUSPIRO
Eu corría e corría tentando escapar daqueles militares que bombardeaban a miña cidade, con ela os meus recordos, a miña vida. Miraba ós meus redores e só vía mortes, xemidos, dor e sangue. Eu seguía correndo dando alancadas sen saber a miña dirección, o único que podía facer era escapar, agocharme nalgún recuncho. Mirei cara adiante, suspirei, mais de socato estoupou unha bomba diante miña. Era a fin…
2º premio: Lucía Iglesias Silva, de 1º B, co pseudónimo “Untrintadoce”
AMOR
Unha acróbata do circo sempre lle contaba chistes ao seu noivo, pero el non ría porque era xordo.
2º CICLO
O xurado decidiu declarar desertos os dous premios desta categoría por non reunir os traballos as condicións mínimas de corrección lingüística ou de estética esperables para este nivel educativo.
A entrega dos premios terá lugar o día 23 de xuño no Centro Cultural de Valadares, no transcurso dos actos de final de curso.
Valadares, o 30 de maio de 2011
Posted by Ramón on 1 de Xullo de 2011 at 5:01 pm
Ola!
deixo un agasallo para o teu blogue no Caderno da crítica.
Unha aperta,
Ramón