Un día para falar de toponimia

Hoxe estivo no noso centro Gonzalo Navaza, desta volta en calidade de autoridade na materia de toponima galega, para falarnos dos nomes de lugar que en meses pasados fomos recollendo e colocando nos paneis do baixo do instituto.

Botando man do seu característico rigor filolóxico, foi aclarando o significado de moitos dos topónimos recollidos, iniciando a súa explicación co polémico nome da parroquia que alberga o instituto, Valadares.

Acabou a charla introducíndose no campo dos nomes propios de persoa (a antroponimia) para satisfacer a curiosidade que moitos alumnos presentaron sobre a orixe e significado dos seus nomes, en particular dos apelidos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: