Os traballos de 1º A: A violencia de xénero (II)

Trataremos aquí un tema que aínda que non está directamente incluído dentro do que chamamos “violencia de xénero”, si supuxo ao longo da historia, e segue supoñendo actualmente, unha clara mostra de discriminación cara ás mulleres na sociedade. Trátase da invisibilidade feminina en traballos tradicionalmente reservados ao xénero feminino, centrándonos só nos mundos científico e cultural.

HISTORIA DA DISCRIMINACIÓN DA MULLER NA CULTURA E NA CIENCIA

A presenza feminina na ciencia

Ao longo da historia o traballo das mulleres na ciencia foi relegado a un segundo plano, ou a un plano inexistente, pero non porque non houbese mulleres científicas, senón porque a discriminación por razóns de sexo é histórica, e máis en eidos como o da ciencia, tradicionalmente un mundo monopolizado polos homes. As mulleres sempre tiveron que salvar múltiples obstáculos para que o seu labor fose recoñecido e se situase á mesma altura que a dos seus compañeiros varóns.

Unha proba diso foi a propia Marie Curie, gañadora de dous premios Nobel, o de Física en 1903, compartido con Antoine Henri Becquerel, e o de Química en 1911. Aínda así, debido ao sexismo imperante na sociedade do momento, en 1911 foille prohibido ingresar na Academia das Ciencias.

Agora as cousas cambiaron, pero aínda teñen que mudar máis. Un dos puntos de inflexión neste cambio foi o ano 1997, cando un estudo realizado polo Consello de Investigación Médico de Suecia, abriu o debate sobre a escasa presenza das mulleres na ciencia.

Na cultura: literatura, artes e novas tecnoloxías.

Aínda que para moitas persoas a igualdade sexa unha cousa feita, especialmente no eido da literatura, cabe dende aquí lembrar que houbo tempos nos que as mulleres tiveron que esconder a súa condición feminina baixo nomes masculinos para que a súa obra fose recoñecida e considerada seria e non “rosa” ou “sensible”, como foi o caso de George Sand (chamada en realidade Amandine Aurore Dupin), Isak Dinesen (Karen Blixen), George Eliot (Mary Ann Evans) ou en España Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber) e en Galicia a nosa Rosalía de Castro. Moitos e moitas poden pensar que iso foi noutros tempos, pero nestes tempos tamén acontece. Un dos casos máis recentes e mediáticos é o de J.K. Rowling, autora da famosa saga de novelas de Harry Potter. A ela, recomendóuselle no seu día que publicase escondendo o seu nome, Joanne Kathleen, baixo as iniciais de J.K. para que a xente non soubese que era unha muller, debido aos receos que hai en certos sectores en relación á literatura fantástica creada por mulleres. Neste caso o éxito foi tal, que foi imposible seguir ocultando que era unha muller.

As pintoras e as escultoras foron sistematicamente presentadas nos manuais da historia da arte dunha forma marxinal, o que podería facernos pensar que apenas existiran, mentres que como obxecto na obra de arte eran amplamente representadas en cadros, esculturas e demais manifestacións artísticas de todos os tempos.

Como en todas as manifestacións culturais e artísticas, hai exemplos de grandes mulleres artistas, pero que non foron recoñecidas dese xeito, nin valoradas pola posteridade. Moitas obras de arte realizadas por mulleres foron inicialmente atribuídas a varóns, e só despois de minuciosas investigacións descóbrese a súa verdadeira filiación, como o caso de Camille Clandel, a escultora, parella de Rodin, ou o de mulleres eclipsadas pola actividades dos seus compañeiros, como Frida Kahlo.

As novas tecnoloxías da información e da comunicación como Internet son unha boa ferramenta para coñecer a situación das mulleres noutras partes do mundo, para defender os nosos dereitos, e frecuentemente para estar informadas sobre as realidades que nos interesan como mulleres e que non atopan eco noutros medios de comunicación. Internet  é unha boa maneira de crear redes de mulleres, de comunicarnos, de atopar intereses e obxectivos comúns e de facer ouvir a opinión propia.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: