Dicir Europa é dicir diversidade e riqueza. Tamén lingüística. O malo é que moitas veces esa variedade é vista coma un atranco máis ca unha vantaxe e hai quen quere impoñer unha uniformidade artificial desprezando o minoritario.
Por iso, o CIDLES (Centro Interdisciplinar de Documentaçao Lingüística e Social) no veciño Portugal, quere promover este ano a creación dun arquivo especializado en linguas ameazadas de Europa que reúna todos os traballos que illadamente se foron facendo ata a actualidade.
Máis info AQUÍ vía público.pt