Este 2018 demos en utilizar moito palabras como sororidade, feminismo, empoderamento, fariña…, pois reflecten preocupacións que se xeran na sociedade.
Con todo, a palabra elixida pola RAG como Palabra do Ano foi deseucaliptación, con máis da metade dos votos emitidos. Isto é unha clara mostra de que os galegos mantemos unha alta preocupación polo coidado dos nosos montes e ecosistemas propios.
Máis información na páxina da RAG.