Con 841 linguas vivas e unha colorida lingua franca crioula, Papúa Nova Guinea é a indiscutible campioa mundial da diversidade lingüística.
Desde Pii, nas terras altas cubertas de néboa, ata Toaripi, a beiras do relocente Mar de Coral, Papúa Nova Guinea é un paraíso para os lingüistas, e un de cada 10 idiomas do mundo atópase aquí.
O número de falantes de idiomas individuais pode variar dende unha presadiña de persoas na xungla (non moito máis que unha familia extensa) ata millóns de persoas distribuídas en provincias.
Os expertos sinalan que o goberno central do país é relativamente feble, os vales profundos, a vexetación case impenetrable e aproximadamente 600 illas, para explicar por que un país de oito millóns de habitantes e máis pequeno que España ten tanta riqueza de idiomas.
Moitas destas diversas linguas desenvolvéronse sen ser molestadas durante decenas de miles de anos, facendo de Papúa Nova Guinea unha especie de Galápagos lingüístico.
22 Nov