Plan piloto de uso do asturiano na escola

O 80% das familias que usaron o asturiano como lingua vehicular na escola recomenda a experiencia. O balance do plan, no que participaron 105 alumnos de seis centros escolares, reflexa que case a metade melloraron os seus resultados académicos.

Os centros pioneiros nesta experiencia foron o CP Santiago Apóstolo de Mieres, o CP O Cotayo de Carbayín, o C.P. O Bosquín de L’Entregu, o CP Bernardo Gurdiel de Grau, o CP A Carriona-Miranda de Avilés e o CEIP Xentiquina de Solvay-Lieres. Neles aplicaron o plan en alumnado de cuarto curso de Primaria, elixíndose unha das seguintes áreas para levalo a cabo: Ciencias Sociais, Ciencias Naturais, Educación Física ou Educación Artística.

O resultado foi que máis do 83,6 por cento das familias que participaron no plan piloto comentaron que recomendarían a outras a participación no mesmo. O número total de estudantes que participaron foi de 105, representando un 3,41 % do total do alumnado que cursou Lingua Asturiana e Literatura en cuarto curso de Primaria, unha mostra escasa, pero significativa. O profesorado que impartiu o plan e que ademais exerceu as funcións de coordinación foron mestres con destino definitivo no centro, que contaba coa habilitación necesaria para poder impartir Lingua Asturiana e tamén a área non lingüística seleccionada no programa.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: