“Nicodemo” foi o pseudónimo tras o que se agochaba unha promesa da escrita, Fran Miranda Iglesias, de 2º A. O seu relato, Unha viaxe espectral, deixounos cos pelos de punta. O xurado valorou o contido terrorífico, pero sobre todo os dotes para a redacción do seu autor. Podedes valoralo vós mesmos:
UNHA VIAXE ESPECTRAL
O que vou a contar, aconteceu un 13 de marzo do 2013.
Era unha noite escura e fría. Había lúa chea. Viñamos de Ourense cara Vigo e unha forte tormenta pillounos por sorpresa. Aquel fora un día de moita choiva. No coche viñamos os meus pais e mais eu. Íamos falando do ben que o pasaramos aquela fin de semana cos avós en Alburgueira.
Entraramos nun túnel no que non había iluminación. A única luz que nos permitía ver a estrada eran os faros do coche.
Saímos do túnel. De súpeto, unha néboa repentina, apareceu en fronte nosa coma unha gran pantasma.
Xa levabamos un bo rato sendo os únicos que circulaban por aquela estrada.
Do medio da néboa, xurdiron uns seres que camiñaban pola beirarrúa moi lentamente. Parecía que levitaban. Levaban unhas túnicas de cor negra, a cabeza cuberta coa capucha e un cinto tamén de cor negra. Conteinos, eran trece. Xusto cando pasamos ao seu carón, xiraron a cabeza cara a nós, e puiden verlles a cara. Era totalmente branca e non tiñan ollos.
Mentres os iamos deixando atrás, sorríronnos. Era un sorriso estremecedor e misterioso.
O medo instalouse nos nosos corpos coma un parasito o resto da noite. Inda hoxe, os meus pais seguen co medo metido no corpo.
Cando chegamos a casa, ninguén dixo nada. O silencio convertérase nun polizón durante toda a viaxe a partir daquel encontro tan enigmático.
Deitámonos, estabamos moi cansos. Non durmín nada. Non podía quitarme da cabeza aquel sorriso e aqueles seres tan estraños… A miña curiosidade era máis grade co sono. Quen eran aqueles seres? Que facían por alí? Levanteime e prendín o ordenador. Comecei a buscar información sobre o lugar. Centreime nos accidentes que ocorreran alí. Atopei algo que me deixou impactado. Dicía que un dous de novembro de 1913, preto do mosteiro de san Estevo de Ribas de Sil, situado no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, na comarca de Ribeira Sacra, 13 monxes foran atropelados por un camión. Ao parecer, o condutor quedara durmido e o camión saírase da estrada invadindo a beirarrúa. Non houbo superviventes. Os monxes eran da Orde de San Benito e se dirixían ao mosteiro de san Estevo de Rivas de Sil. O accidente foi de tal brutalidade que os corpos quedaron irrecoñecibles. O condutor dérase á fuga. Non se soubo nada mais del. Hai quen di que eses seres son as ánimas brancas dos monxes que percorren esa estrada en busca do condutor.
Darano atopado algún día?