Microrrelato de Terror II (2º ciclo ESO)

As uvas

Unha noite desas nas que a lúa descansa, saímos unha vez máis o meu irmán Bieito e mais eu na procura das prezadas uvas dos veciños. Para chegar onda as vides tiñamos que atravesar un longo campo de millo cheíño de espigas. Bieito, que camiñaba un pouco máis adiantado, entretíñase cantando os nomes das constelacións; eu, detrás, sentía o vento frío a zoar nas orellas.

Cando estabamos a piques de saír do campo de millo, oín os berros de Bieito: “Xoáaaannnnnn…, algo se move entre o millo, aí, diante miña”. Un calafrío percorreume desde a cabeza aos pés e non era quen de dirixir a mirada cara a onde Bieito sinalaba. O meu irmán seguía berrando e a min afogábame o medo. Non podía moverme nin dar un só paso. Mais os berros de Bieito eran cada vez máis estarrecedores e, de súpeto, oín: “sóltame, sóltame, non me leves. Xoán, Xoán, que me leva!!”

Comecei a correr sen parar cara a el. Tirado no chan intentaba desesperadamente zafarse dunha forza que o atraía. Pouco a pouco conseguín arrastralo e levantalo e, a lume de carozo fuximos sen virar a cabeza, aínda que seguiamos a notar a presenza diso detrás nosa.

Chegamos á eira e subimos as escaleiras da casa de dúas en dúas, nada conseguía pararnos. Fechamos a porta e buscamos a protección dos nosos pais. Espertámolos e contámoslles o que ocorrera. Tranquilizáronnos e metéronnos na cama con eles.

Ao día seguinte espertamos cun grito aterrador do meu pai: “Quen deixou este horrible espantallo na porta!?”

Xián Simón Varandas, 4º C

Advertisement

One response to this post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: