O Departamento de Lingua Galega acaba de abrir un recunchiño (de momento) no instituto para que nos acheguemos á poesía a través de poemas de distintos tempos, distintas temáticas, distintos autores…
Cada semana aparecerá publicado un poema no taboleiro do Cartafol que todos poderemos coller na caixiña e gardalo para ir facendo unha colección que, ao remate do curso, ha de ser ben gorentosa pola variedade dos textos seleccionados.
Hai quen di que a poesía consiste en ver a realidade con outros ollos.
Animádevos a compartir esas visións connosco!