Morren as linguas?

Interesante artigo de Henrique Harguindey no Galicia Confidencial sobre as mudanzas das linguas e a súa posible morte:

Énos cómodo expresármonos así. E dicimos que cada catorce días morre unha lingua, ou falamos das linguas mortas. Mais quen realmente morren son as persoas que as falan. Ou, sen morreren, mudan elas de lingua e abandonan a propia. E as linguas son, sinxelamente,non utilizadas.
 
As linguas non son seres vivos que nacen e morren senón instrumentos de comunicación, ferramentas que son ou non empregadas, e que mesmo despois de abandonadas, aparentemente “desaparecidas”, poden ser retomadas e reutilizadas. O verdadeiramente decisivo é a vontade das persoas que as utilizan, da colectividade.
 
Estas ferramentas de comunicación e de expresión experimentan ao longo do tempo –dos moitos séculos que duran ás veces- mudanzas e cambios,  unha certa evolución.  Mais á vez conservan nese decurso unha certa inmutabilidade, unha permanencia de trazos lingüísticos que lles confire a necesaria cohesión, a súa identidade. O que fai que xentes  de épocas moi distantes sexan capaces de entender basicamente o seu idioma.
 
E as colectividades lingüísticas non son espazos pechados. Pola contra–con maior ou menor intensidade, dado o momento histórico- reciben influencias doutras colectividades e fan trocos con elas, reciben e mais dan.
 
Existe, daquela unha evolución interior da propia lingua –que se move entre a innovación e a permanencia, entre a creación individual e a asunción grupal- e mais unha evolución exterior, determinada polas influencias e predominios doutras linguas sobre ela. Nese equilibrio de forzas vai decorrendo a súa historia.
 
O galegoportugués  –coma o resto das liguas románicas, derivadas do latín- foise xestando na Idade Media e existen escritos desde o século XII.  O “retrato” da nosa lingua nesa época–como o das outras, románicas ou non- presenta, naturalmente, diferenzas co de hoxe, mais, por riba delas, damos entendido sen problema un texto daquel tempo. Velaí, senón, estas palabras dun poema de Martín Códax composto hai máis de setecentos anos:
 
“Ai, ondas que eu vin veer, se me saberedes dizer por que tarda meu amigo sen min?”
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: