O galego tamén noutros mundos

O Equipo de dinamización do IES Valadares acolle dende o 6 ata o 19 de novembro  a exposición “O galego, tamén noutros mundos”, a través da cal quere amosar a dimensión aberta e internacional da nosa lingua. A exposición, ideada polo servizo de Normalización linguistica do concello de Vigo, repasa diversas realidades que exemplifican e evidencian a presenza e relación internacional da nosa lingua e, ao tempo, a súa validez, utilidade e dinamismo como ferramenta de comunicación e como marca de calidade, ligada a unha identidade propia e diferenciada- a galega- que se quere manter como tal no mundo globalizado.
Estamos no mundo en Galego, “somos” en galego, resultamos interesantes e temos cousas que achegar aos demais xustamente porque temos lingua e cultura de noso. No mundo global, ter identidade é un valor, un elemento de singularización que cómpre poñer en valor e empregar a favor de desenvolvemento, riqueza e benestar propio, a través dun discurso aberto, integrador e atractivo.
A exposición quere transmitir xustamente esa idea de modernidade, vitalidade, cosmopolitismo e universalidade da nosa lingua e para tal poderemos seguir diferentes paneis que falan dende as posibilidades de comunicación do galego, do peso do galego na emigración, pasando pola música en galego ou incluso do galego coo marca de calidade no ámbito económico.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: