Levamos uns días no instituto que non gañamos para sustos. En calquera recuncho podes atopar cun monstro, fantasma, becho… que che pon os pelos de punta.
Todos os alumnos traballaron arreo para facer un insti monstruoso. Fixemos unha recompilación de relatos de medo e outra de vocabulario terrorífico e houbo varios concursos nos que houbo traballos realmente interesantes.
Os concursos tiveron estes gañadores:
Concurso de cabazas: Jéssica Dios (1º C)
Concurso de máscaras: Félix (1º A)
Concursos de microrrelatos de medo:
PCPI: Rafa Rodríguez Goberna, co relato “O asasino encarapuchado”
4º ESO: Sara Costas (4º A), co relato “Onde estás?”
Os compañeiros de 4º contribuíron ao ambiente poñendo á venda unhas deliciosas magdalenas con motivos da festa. Estaban ben boas!
Velaquí unha selección de fotos que arrepían. Incluímos tamén fotos da entrega de premios, que non asustan tanto: