Concurso de Microrrelatos terroríficos (4º deESO)

Con motivo da celebración do Samaín, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Valadares convoca o I Concurso de microrrelatos terroríficos en lingua galega, dirixido ao alumnado de 4º de ESO, que se rexerá polas seguintes

BASES

  1. Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, orixinais e inéditos, e terán unha extensión máxima de un folio escrito a ordenador.
  2. A temática dos textos xirará en torno á celebración do Samaín: relatos de medo, encontros entre mortos e vivos, experiencias parapsicolóxicas…
  3. Forma de participación: os textos deberán introducirse nun sobre, en cuxo exterior se fará constar:

a)      A etiqueta “Microrrelatos de Samaín”.

b)      O pseudónimo do autor ou autora.

Dentro deste sobre, xunto co relato, indicarase nun documento á parte o nome, apelidos e grupo do participante. Os sobres entregaranse na conserxería do centro.

        4. prazo para a presentación dos traballos rematará o luns, 28 de outubro de 2013.

        5. Haberá un único premio, aínda por determinar, para o gañador do certame.  Os premios poderán declararse desertos.

        6. Os relatos premiados serán publicados na revista do EDLG e na súa versión web (abuguina.wordpress.com).

Valadares, outubro de 2013

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: