Alá abaixo naquela fonte,
había unha vella freghando forte,
fixo ben, fixo ben,
na vida da vella non manda ninguén.
Alá abaixo naquel monte,
estaba a vella ighual que onte,
fixo ben, fixo ben,
na vida da vella non manda ninguén.
Estaba a vella freghando forte,
alá abaixo naquela fonte,
fixo ben, fixo ben,
na vida da vella non manda ninguén.
Estaba a vella vendendo na feira,
unha media para cada vella,
fixo ben, fixo ben,
na vida na vella non manda ninguén
_________________________________
Saíu correndo do castelo,
á fonte lavar cabelos.
Quen era ese cervo?
Fuxiu do castelo,
el ía ledo.
Quen era ese cervo?
Ao amencer volveu tremendo,
da separación saiu correndo.
Quen era ese cervo?
Alegre dixo: “Xa namorei,
amor por min non hei”.
Quen era ese cervo?