O poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro amósase coa estrea da longametraxe documental “100% CEF”, dirixida por Aser Álvarez e con Luís Tosar como protagonista, interpretando o escritor nas súas paisaxes e tecleando nunha vella máquina de escribir. Este traballo audiovisual, que ve a luz xusto cando fai os 100 anos do nacemento de Celso Emilio, pecha os actos de conmemoración do centenario dunha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.
Para ver o documental, emitido pola TVG onte, 12 de decembro de 2012, preme na seguinte ligazón: http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/100-cef