Recitando Celso Emilio

Ao cumprirse o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, dende o IES Valadares queremos acollernos á proposta da CGENDL e desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.
RecitandoCelsoemiliO consiste nun acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar, de Celso Emilio Ferreiro, e terá lugar o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas. A actividade diríxese a todos os alumnos e profesores do instituto, mais tamén poden sumarse a esta iniciativa asociacións de nais e pais, clubs de lectura, bibliotecas escolares e municipais, asociacións veciñais, etc.
Na páxina do evento (http://coordinadoraendl.org/recitandocelsoemilio) e no proxecto que anexamos , tedes toda a información sobre esta convocatoria. Animámosvos a difundir os vídeos publicitarios que o proxecto AudioVisual As Barxas elaborou para a ocasión, e a facernos chegar as vosas propostas, experiencias, consultas… para entre todos/as enriquecermos a actividade.
Unídevos xa a
RecitandoCelsoemiliO!
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: