Fallo dos premios do V certame de Microrrelatos

O xurado xa deliberou, e tras ardua dixestión dos traballos, algúns moi bos, decidiu outorgar os seguintes premios:

No 1º ciclo de ESO a cousa estivo ben máis complicada e acabouse decidindo que, dada a calidade dos traballos, o mellor era ampliar os premios, que inicialmente eran dous, ata tres.

Os premiados foron:

1º premio para o texto “A decepción”, de Lara García Garrido (1ºA)

2º premio para o relato “Ola mamá“, de Silvia Martínez Alonso (1ºC)

3º premio para o escrito  “Soñando realidade”, de Emma Costas Bastos (1ºB)

No 2º ciclo de ESO só se concedeu un único premio, ao escrito “Correr”,que corresponde á alumna Estela Malvido Lago (3ºA).

Noraboa aos premiados!

Dos relatos só publicaremos aquí, por motivos de espazo, os da primeira categoría. E son estes:

A decepción (por Lara García)

E díxomo. Non souben que dicir, quedei se palabras, completamente muda. Cruzamos as miradas e sentín esa sensación de fracaso e vergoña. Só puiden soltar unha risiña, as palabra atragoábanseme na boca, parecía quedar sen aire. Anoteille o seu teléfono, desexeille sorte e marchei.

Correr (por Estela Malvido)

O corazón latexáballe tan forte que calquera diría que lle sairía do peito, mais ela non pensaba niso: só corría. Corría coma unha tola pola fría neve mentres o vento lle revolvía os salvaxes cabelos.  Pero, por que corría? E se é para fuxir, mais se é para fuxir, de que fuxía? Ela non o sabía. Só sabía que había unha forza que a obrigaba a correr e correr. Correr para que o seu sangue non tinguise de vermello a branca neve. Correr para que aquela xeada noite de inverno non  fose o último que visen os seus ollos. Correr para que aquela treboada non levase o seu último suspiro. Correr para salvar a vida.

Xa sabía por que corría; corría para salvar a vida, para salvala daquela sombra podre de odio que a perseguía, para evitar que os brazos negros de amargura a rodeasen na soidade daquela fría noite de inverno. mais, que era a sombra? Por que a perseguía? Iso ela si que xa non o sabía, pero non estaba disposta a comprobalo, non ía deixar que naquel intre o seu tempo parase por unhas estúpidas dúbidas que nada importaban daquela. Ela só corría.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: