Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Valadares convocan o V Concurso de microrrelatos en lingua galega que se rexerá polas seguintes
BASES
1. Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, serán de tema libre, orixinais e inéditos, e terán unha extensión máxima de un folio escrito a ordenador.
2. Forma de participación:
Os textos deberán introducirse nun sobre, no que se fará constar:
a) A etiqueta “Certame de microrrelatos”
b) O nivel ao que pertence o alumno (1º, 2º, 3º ou 4º ESO)
c) O pseudónimo do autor ou autora
Dentro deste sobre, xunto co relato, introducirase outro sobre máis pequeño, pechado, no que se indicarán o nome, apelidos, curso e grupo do participante. Os sobres entregaranse na conserxería do centro.
3. O prazo para a presentación dos traballos rematará o venres 11 de maio de 2012.
4. PREMIOS:
Establécense dúas categorías, unha para o alumnado de 1º ciclo (1º e 2º ESO) e outra para o alumnado de 2º ciclo 3º e 4º ESO. Cada unha delas estará dotada con dous premios: ao gañador do primeiro premio outorgaráselle un vale para a adquisición de material musical (cd ou similar) por valor de 25 € e ao do segundo premio outro por valor de 20 €. Todos os premiados recibirán tamén un libro de microrrelatos en lingua galega.
Os premios poderán declararse desertos.
5. Os relatos premiados serán publicados na revista do EDLG e na súa versión web (abuguina.wordpress.com). A entrega de premios terá lugar no transcurso dos actos de final de curso.