Hoxe deuse a coñecer o nome dos premiados no concurso dos Rechouchíos. Cóntanme que tiveron traballo abondo para tomar a decisión porque había moitos traballos e moitos cun nivel moi alto. Após moito deliberar acabaron concedendo os premios a estas mensaxes de amor:
1º Premio, para Rafa Rodríguez Goberna:
Rosa da miña vida,
Rosa do meu corazón.
Abadonei un campo de papoulas
polo teu corazón.
Eu coideite como paxaro ferido
e ti abriches as ás
como un anxo que bota a voar.
Só quedei, pero co teu recordo
como un pequeno pardal
que botou a voar.
2º Premio, para Antía Alonso Garrido:
Conta as estrelas do ceo e saberás canto te kero
3º Premio, para Paula Mouriño Miñambres:
Vermello, Amarelo, azul
as fases do amor;
primeiro verMello paixón,
lOgo amarelo alegría
e por último un tRiste
azul d despedida ❤
Parabéns a todos os participantes!!