O concurso convocado polo EDLG do instituto que procuraba unha nova imaxe para o Apalpador ou Pandigueiro xa ten gañador. Logo dun intenso debate entre os membros do tribunal experto en moda que xulgou os traballos presentados, decidiuse que chegasen á final os seguintes traballos, resultando gañador o deseño de Emma Costas Bastos, de 1º B, e merecedor do premio consistente nun reprodutor MP4. Parabéns, Emma! E tamén a todos os participantes por serdes tan imaxinativos. Outra vez será!
BO NADAL A TODOS
- Un dos finalistas, de Laura Álvarez Davila
- Outro finalista, de Lara García Garrido
- O gañador, de Emma Costas Bastos