O venres 11 de novembro, os alumnos de 4º visitamos a TESE minas, Enerxía, Materiais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, con motivo da Semana da Ciencia. Este ano adícaselle a Marie Curie, polos seus logros no campo da radioactividde, e a matemática galega María Wonenburguer. Ese é un evento que se vén celebrando dende hai uns anos, onde universidades, museos, centros de investigación e empresas organizan visitas ou obradoiros, exposicións… para dar a coñecer o seu labor.
Na Escola de Minas déronnos unha serie de charlas sobre enerxías renovables, tipos de materiais, topografía, fotogrametría e sobre termografía. Visitamos os laboratorios, vimos funcionar a cámara termográfica, o láser 3D, explosivos…
O día 25 de novembro tivemos outra saída (4º e 3º PDC) ao Parque Tecnolóxico de Ourense (Galiciancia). Alí estivemos unhas 3 horas. O primeiro que vimos foi unha exposición de proxectos científicos e tecnolóxicos realizados por rapaces doutros centros de Galicia, Cataluña e País Vasco. Logo fomos a uns obradoiros nos que fixemos experimentos de electrolise, nitróxeno líquido, augas termais, explosivos, escumas…Para rematar déronnos unha charla tipo monólogo, moi divertido, titulado “Ciencia ou ficción” onde se analizaban erros científicos e tecnolóxicos de películas famosas de ciencia ficción ou dos seus efectos especiais.