Este ano quixemos reunir unha mostra do que o outono trae consigo, malia que este foi un ano de seca e nin moitas castañas houbo. De cogomelos nin falamos. O que intentamos foi recoller o colorido da estación no baixo do instituto, cos seus marróns, ocres, amarelos, vermellos…
Ás xa celebradas festas do Samaín e do Magosto sumamos nesta mostra algúns produtos desta época: millo, castañas, noces… e mesmo algún froito exótico de recente importación a estas vizosas terras galegas.
Mais tamén houbo tempo para mostrar a riqueza que a nosa lingua ten para nomear non só os produtos, senón tamén os costumes e labores tradicionais propios desta estación. Así, os mozos e mozas de 1º e 2º de ESO buscaron vocabulario, refráns, adiviñas e cantigas referidos ao outono e confeccionamos con eles o apartado “Palabras de Outono“.
Os compañeiros e compañeiras de 3º e 4º de ESO contribuíron cuns haikus creados por eles e que foron sendo pendurados nunhas árbores case espidas de follas, pero cheas de cor e emoción.
Que aínda non sabes o que é un haiku? Olla: