Os alumnos de 3ºA e 3ºB tocaron o martes, día 22 de novembro, con motivo do día de Santa Cecilia (patroa da música).
Na hora do recreo, interpretaron Tinom Tanom, unha danza húngara.
Aínda que nerviosos, porque foi a primeira vez que actuaron en directo diante dos seus compañeiros e profesores, fixeron un bo papel interpretando esta melodía que tiña algún que outro arranxo.
A idea gustou moito entre o público e o resultado foi moi bo.
A orquestra estaba composta por: un pandeiro, por dúas pracas (un xilófono e un metalófono) e o resto frautas a catro voces.
Estrutura:
Tutti 3 3 3 3 tutti
AABB 2 2 2 AABB
1 1
Por Eva Crispín