II EDICIÓN DO CONCURSO DE PRESENTACIÓNS ELECTRÓNICAS DE NADAL

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións de Nadal en formato dixital para promover o uso da lingua galega na comunicación propia destas festas e no ámbito das novas tecnoloxías.

BASES

1. As presentacións electrónicas deberán presentarse en formato .odp. Aceptaranse tamén presentacións en .ppt ou .pptx. É obrigatoria a inclusión de texto, que será redactado en lingua galega.

2. O tema das presentacións debe estar vinculado ao Nadal e valorarase o enxeño e o coidado estético e lingüístico das propostas.

3. As imaxes e o son, no caso de o incorporar, deben ser de autoría propia ou libres de dereitos de autor. As presentacións deben ser orixinais e non poden estar publicadas previamente nin premiadas noutros certames.

4. A extensión máxima da presentación é de 10 diapositivas e o peso non deberá exceder os 10 Mb, para favorecer o seu envío por medios electrónicos comúns.

6. Os traballos preseleccionados formarán parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.xunta.es/linguagalega).

7. O envío das presentacións farase por correo electrónico ao seguinte enderezo:

secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou a sxpl.secretaria@xunta.es Este será o único medio de admisión dos materiais presentados ao concurso e deberá responder ao seguinte formato:

Asunto da mensaxe electrónica: “concurso de Nadal2011”.

Datos de autoría: a mensaxe non debe vir asinada, senón que debe anexar, xunto coa presentación, un documento de texto no que conste o nome e os apelidos do autor/a, enderezo electrónico e un teléfono de contacto.

A data límite de envío de presentacións é o 9 de decembro de 2011.

8. O xurado estará formado por persoal técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo gañador da edición anterior, que escollerá as tres mellores presentacións que obterán premio, así como a selección de traballos que formarán parte da galería exposta na web de Política Lingüística.

O xurado dará a coñecer a súa decisión antes do 20 de decembro.

9. Outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego (libros, cómics e cds e dvds) para cada un dos gañadores ou gañadoras. Non se entregará máis dun premio por participante.

10. As fotografías, imaxes, mensaxes e, en xeral, calquera contido empregado, así como calquera reclamación en relación cos mesmos, son responsabilidade exclusiva dos autores das presentacións.

11. Aparticipación neste concurso implica a autorización automática á Secretaría Xeral de Política Lingüística para publicar a presentación. Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística reserva para si o dereito de corrixir os erros lingüísticos que poidan aparecer no texto.

12. Aparticipación neste concurso supón a aceptación destas bases e do ditame do xurado.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: