Un agradable baño en Aquis Querquennis

O luns 7 de novembro os alumnos de 1ºde ESO fomos de excursión a un campamento romano chamado “Aquis Querquennis” situado en Bande (Ourense).

Saímos do instituto as nove da mañá porque aínda nos quedaba moito camiño por diante ata chegar ao noso destino. No autobús estivemos falando e escoitando música para non aburrirnos na viaxe.

Cando por fin chegamos, baixamos do autobús, collemos as nosas mochilas e marchamos cara ao museo.

No museo, vimos un vídeo que nos ensinaba como eran as construcións romanas que iamos visitar logo de rematar a visita. Antes de marchar, puidemos observar unhas exposicións, esculturas, cadros, etc. que había alí dentro.

Ao saír do museo dirixímonos directamente aos restos da construción romana para ver como era. O profesor foinos explicando un pouco sobre o tema para que entendesemos mellor.

Despois de rematar a explicación, marchamos cara ás pozas de auga quente que había un pouco mais abaixo.Alí bañámonos e divertímonos moito.

Á hora de comer, saímos da auga e comezamos a devorar a nosa comida. Ao rematar cambiamos a roupa para estar secos e volvemos poñer rumbo cara ao instituto. Antes, fixemos unha parada polo camiño en Celanova, para descansar un pouco e poder comer algo. Ao cabo de media hora subimos ao autobús de novo para ir ao instituto, pois a excursión xa rematara.

Cando chegamos xa eran as cinco e media. Collemos as nosas mochilas e, como aínda quedaba tempo antes de que tocase o timbre, fomos ao patio para xogar un pouco.

Foi un día moi divertido.
                                                             CARLA FIGUEROA PÉREZ 1º B
Advertisement

One response to this post.

  1. O mellor foi o baño!!!

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: