Para honrar a memoria de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, o Departamento de Lingua Galega desenvolveu unha serie de actos conmemorativos na honra da súa persoa e a súa obra na semana do 9 ao 13 de maio.
Nos primeiros días colocáronse carteis informativos sobre o poeta e tamén un punto de lectura de libros relacionados coa súa obra, así como outros traballos máis particulares en cada aula.
Non obstante, o día principal foi o venres. Ese día, primeiro proxectáronse contidos audiovisuais a cada nivel educativo, comezando polos de 1º da ESO e rematando polos maiores.
O máis interesante tivo lugar á última hora da mañá, cando todos os mozos do centro nos reunimos nas pistas deportivas para participar nun recital poético multilingüe con textos do autor en varios idiomas. Ademais do galego, escoitáronse versos en francés, inglés, portugués, castelán, chinés e mesmo latín.
Foi unha maneira divertida e orixinal de pasar un día de celebración, o das nosas letras.