Como moitos xa sabedes, hoxe disfrutamos dunha xornada moi especial no instituto. Estiveron aquí @s moz@s do IES Aquis Querquernis de Bande. Mágoa que por cuestións de horarios non puidesen vir durante a xornada lectiva.Habíavos gustar a todos coñecelos. Son unha moi boa xente. Con eles compartiron a xornada os compañeiros que colaboran dunha maneira ou doutra co Equipo de Dinamización Lingüística do instituto e xa vos contarán que tal o pasaron.
Aquí só queremos deixar constancia do paso deses compañeiros polo noso centro. Eis unha imaxe reveladora: