Exposición “O galego tamén noutros mundos”

Desde o día de hoxe e ata o 6 de maio contamos coa presenza nos baixos do instituto da exposición “O galego tamén noutros mundos”, patrocinada polo Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura do Concello de Vigo e que axuda a botar por terra todos aqueles prexuízos que reducen o emprego da nosa lingua a determinados usos sempre dentro da nosa terra. A exposición quere transmitir xustamente unha idea de modernidade, vitalidade, cosmopolitismo e universalidade da nosa lingua.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fronte aos que consideran que o galego pecha portas, esta mostra intenta demostrar xustamente o contrario. Xa que falando galego nos entenden, por exemplo, en Angola ou en Brasil, e de aí poderíanse abrir grandes oportunidades comerciais con países que poden entendernos grazas ó uso do galego.

Ademais, a nosa lingua é tan apreciada que moitos escritores, aínda non sendo galegos, publicaron en galego. É o caso do español Federico García Lorca, o catalán Carles Riba, os norteamericanos Anne Marie Morris ou John Thompson, os ingleses John Rutherford ou Craig Patterson, a canadense Erin Moure, os alemáns Franck Meyer ou Úrsula Heinze, o arxentino Eduardo Jorge Bosco ou o camerunés Víctor Omgba.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: