Convocado o IV Certame de Microrrelatos

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Lingua Galega do IES Valadares convocan un concurso de microrrelatos en lingua galega que se rexerá polas seguintes

BASES:

  1. Os relatos deberán estar escritos en lingua galega, serán de tema libre, orixinais e inéditos, e terán unha extensión máxima de un folio escrito a ordenador a dobre espazo co tipo de letra Times New Roman.
  2. Os textos deberán introducirse nun sobre, no que se fará constar:

a)      A etiqueta “Certame de microrrelatos”

b)     O ciclo educativo ao que pertence o alumno

c)      O pseudónimo do autor ou autora

Dentro deste sobre, xunto co relato, introducirase outro sobre máis pequeno pechado no que se indicarán o nome, apelidos, curso e grupo do participante.

Os sobres entregaranse na conserxería do centro.

  1. O prazo para a presentación dos traballos rematará o venres 6 de maio de 2011.

4. PREMIOS:

Establécense dúas categorías, unha para o alumnado de 1º ciclo e outra para o alumnado de 2º ciclo da ESO. Cada unha delas estará dotada con dous premios: o primeiro premio consistirá nun MP4 e un lote de libros e o segundo nun lapis de memoria e un lote de libros.

Os premios poderán declararse desertos.

 

A entrega de premios terá lugar no transcurso dos actos de final de curso.

 

5. Os relatos premiados serán publicados na revista e na  páxina web do centro.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: