Semana das Curtas no IES Valadares

Hoxe deu comezo a Semana das Curtas no noso instituto coa proxección das obras Tourettes, Palíndromo e Xogos de nenos, así como do videoclip musical Buratos, da banda compostelá Ruxerruxe.

Esta actividade ten a súa orixe no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Audiovisual de Vigo, que en colaboración coa Cordinadora Galega de ENDL (CGENDL), presentouna como un proxecto de fomento do uso da lingua galega  dirixido aos centros escolares, en especial aos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e ao alumnado de ensino secundario. O noso instituto quixo sumarse a esta  orixinal e interesante iniciativa e hoxe comezamos a levala á práctica.
A actividade consiste na proxección dun ciclo de curtametraxes galegas en lingua galega que se presentan como un festival dunha semana estruturado en sesións temáticas de aproximadamente 1 hora de duración cada unha. Cada sesión temática consta de 3 curtas, 1 videoclip dun grupo musical que cante en galego e unha breve peza documental de eufalo.tv, un proxecto colaborativo sobre a lingua e os falantes.

Cartel anunciador das curtas, no baixo do instituto

Ao mesmo tempo, está habilitado o blogue http://semanacurta.wordpress.com para que o  público das curtas poida opinar sobre as distintas pezas. Deste xeito, mozos e mozas de diferentes centros educativos poderán establecer contacto entre eles e elas, opinar sobre as filmacións que máis lles gustaron, contrastar opinións con outras persoas e votar pola curta e sesión que máis lle gustou a cadaquén (procurarase realizar unha votación virtual para establecer honorificamente o “premio do público”).

Público asistente á proxección

Agardamos que sexa do voso agrado.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: