Desfile de Entroido no IES Valadares

Como todos os anos por estas datas, o instituto vestiuse de cor e imaxinación. Xa ao longo da semana o ambiente fórase quentando cos mandados do meco, que cada día nos animaba a tunear o noso vestiario con pinturas, accesorios, vestiario pouco común…

Pero o día grande foi o venres, cando toda a fogaxe se desatou pouco despois de rematado o recreo, aló polo mediodía, durante a celebración do concurso de disfraces. Tivemos un “speaker” do mellor, que animou o evento coma un auténtico profesional (mesmo pode que aí estea o seu futuro).

O animador foi dando paso a vistosos disfraces, divertidas postas en escena e a todo un regueiro de cores, pinturas, perrucas…

Na “taberna” estiveron os de cuarto, que aproveitaron para recadar un pouco máis para esa excursión de final de etapa.

Todo rematou cunha sesión de karaoke e co recitado dunhas coplas de Entroido por parte de alumnos de 1º.

Esperamos que disfrutasedes coa festa.

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: