Coplas de Entroido

Este ano @s moz@s estiveron moi inspirados durante o Entroido, e non só cos seus disfraces, que foron ben orixinais. Mirade tamén que coplas nos botaron, e esta apenas é unha selección das mellores:

O ENTROIDO

O entroido mola moito,

celébraseche en marzo,

veña imos a celebrar

unha festa neste patio.

Hai pinturas e disfraces

que deslumbran e sorprenden,

van nas carrozas a bailar

uns nenos que non atenden.

E a todos vós queremos

desexar un bo entroido,

porque neste dous mil once,

sabes canto mola? Moito.

            Yaiza, Eva, Héber e Mónica - 1º B

ESTE INTITUTO É UNHA RUÍNA

Vós sabedes unha cousa?

O insti cae a cachos,

as paredes teñen fendas

e a Xunta   non solta cartos.

Polo tellado entra auga,

nos corredores hai piscinas.

Tes que andar con moito ollo,

pois cando pisas, patinas.

Normalmente,no inverno

pasámosvos moito frío,

a calefacción non tira

e temos que pór abrigo.

E por iso suspendemos,

mais a culpa non é nosa,

facemos o que podemos.

É a Xunta, que é penosa.

 

A CAFETARÍA

No insti pasamos fame,

imos á cafetaría

os bocatas son moi caros

e fundimos a cartilla.

 

As racións son ben escasas,

máis come a miña gata

no postre e na merenda,

sequera fose barata.

                              Alumnos de 2º B (reforzo linguas)

 

AS CLASES POLA TARDE

Ás clases pola tarde

eu non quero ir,

prefiro estar na casa

xogando coa Wii.

 

Todas as tardes hai

deberes pra aburrir,

como non acabe pronto

o negativo vese vir.

 

A clase toda tamén

está toda de acordo:

dende setembro a hoxe

xa foi traballo abondo.

 

E xa para rematar,

e con isto xa acabo,

como isto non remate

vou acabar toleando.

                       Martín, Alicia e Adrián C. - 1º C

PROHIBICIÓNS

Queren facernos sufrir

sen ó baño deixarnos ir.

Alí non nos deixan marchar,

ó fin acabamos sen mexar.

 

Ós compañeiros nin preguntar

só ós profes podemos consultar.

Se oen unha exclamación

mándannos a dirección.

 

Se os deberes non facemos,

entón dobre levaremos.

Temos unha gran depresión

porque non temos diversión.

                    Álvaro, Tatiana, David e Tomás - 1º C

 

AS CLASES DE PRIMEIRO

As clases de Primeiro

son sempre alborotadas,

aínda que Xulio di:

case nunca pasa nada.

 

O patio do instituto

está pouco actualizado,

por iso o alumnado

pide un climatizado.

 

Os mestres non deixan dicir

parvadas con antelación,

senón póñenche un parte

cheíño de expulsións.

                   Julio, Adrián G. , Yasmina e Jenny - 1º C

 

OS PROFES

Os profesores son guais,

toléannos sen parar,

mátannos a traballar

mentres eles van ao bar.

 

Na clase de matemáticas

rimos ata rebentar,

e o profe, moi simpático,

a Deus ponse a rezar.

 

Hai outros bos profesores

como a que nos dá inglés.

Di que queimará os exames

por ter nivel de bebés.

 

Para isto rematar

temos un moi bo titor

explica ben as naturais,

fala que é un primor.

               Alumnos de 2º A (reforzo linguas).

O ENTROIDO

O Entroido vai vir cin festas

e ledicia para todos

disfrázate de persoa

senón bótante ó fogo.

 

Conmoitos nenos e nenas

irei a pedir orellas,

tamén comerei filloas,

seguro que están moi boas.

 

Se non che gusta o Entroido,

isto xa vai rematar.

O ano que vén seguro

máis divertido será.

                   Samuel, Alba, Beatriz e Lucía - 1º B

 

OS DEBERES

Cando a clase remata

os deberes nunca faltan,

e se os profes se olvidan

veñen despois e nos mandan.

 

Ata a casa imos en bus,

boa comida nos espera

e despois, a traballar!

Soamente é o que nos queda.

 

Nós queremos descansar,

el mándanos traballar,

se non o facemos ben

sen recreo hai que pasar.

 

Que pesados os deberes,

non nos deixan merendar.

Antes diso de comer

debémolos rematar.

                     Antón, David, Álex e Ana - 1º B

 

O RECREO

Toca o timbre do recreo,

todos estamos no patio,

os profes toman café,

nenas cotorras cantando.

 

Os nenos xogan ó fútbol,

andan as nenas ó volley,

e tamén o baloncesto,

todos xogan coma críos.

 

O recre é moi díver,

pasámolo moi ben.

Xogamos moito ó spider,

porfa, xoga ti tamén.

               Carmen, Nerea e Javier - 1º B

 

OS ORDENADORES

Nunca os encendemos,

témolos de adorno.

É que os profes son uns demos,

nin que foramos ver porno.

 

Como non nos deamos présa

vanse a estropear,

é que dános risa,

só están para molestar.

 

Soamente os encendemos

con Gonzalo, o profesor,

e aínda así vimos

exercicios de fraccións.

                Pilar, Sarai da C, Anxo Docampo e Anxo Díaz - 1º C

 

AUGA

Queremos beber na clase,

con tose estamos aquí.

Deixádenos ir ó baño,

senón marcharemos sen ti.

 

Moléstavos que bebamos,

queremos deixar de “toser”,

molesta ter moita tose

porque queremos aprender.

 

Se bebemos non tusimos,

e non interromperemos

e poderedes dar clase

se xa tranquilos bebemos.

                  Sara A., Sarai A., Andrea e Fernando - 1º C

 

OS AUTOBUSES ESCOLARES

Os autobuses do cole

deixan moito que desexar,

mentres imos á escola

gústanos máis o xogar.

 

Os condutores do Barça,

ou do Madrid tamén serven,

sempre a “barrenarnos”, que

sentido moito non teñen.

 

Ningúen se atrevería

co director ir a falar,

porque logo unha bronca

alguén nos vai botar.

 

Inda por riba tamén

fuman unha cantidade,

o fume vai cara atrás,

iso é unha verdade!

                Alejandra, Lara, Lucía e Igor - 1º A

 

OS PROFES DE GARDA

Eles sempre fan o mesmo,

todos os profes de garda.

Non nos merecemos isto,

bótannos broncas por nada.

 

Broncas botan por correr,

nós non podemos xogar,

os días pola mañá

nós temos que disfrutar.

 

Cando falta un profesor

cousas temos que facer,

e temos que traballar

o que nos din a correr.

                   Sara C., Alba C., Clara e Luís - 1º B

 

Xa está tocando o timbre,

a hora xa se acabou.

Por que segue dando clase

se o tempo rematou?

 

Por que están os recreos?

Non nos deixan disfrutar.

As súas clases seguen

sen deixarnos respirar.

 

En cada cambio de clase

a fóra queremos ir

pra falar cos nosos compis

e xuntos podermos rir.

                   Roberto, Silvia, Paula A. e Sara A. - 1º B

 

OS “ORDENAS”

Cando neste instituto

iamos a comezar

nos contaran que “ordenas”

iamos a utilizar.

 

Pero cando en setembro

empezamos a estudar

só nos deixaron os libros

para poñernos a chapar.

 

Cando o segundo trimestre

conseguimos comezar

e con el os ordenadores

iamos poder chatear.

 

Resulta que os da Xunta

non conseguiron acabar

todos os seus programas

para poder traballar.

 

E  os profes no colexio

non deixan utilizar

os nosos ordenadores

por non ter con que traballar.

 

E isto ensínanos

a todos a proclamar

que en todos os da Xunta

non se pode confiar.

        Lara, Iris, Paula M. e María - 1º B

 

A nosa ventá toca na clase

e non deixa traballar,

inda que o profe Vicente

a arranxou, non  vai aguantar.

 

Outra cousa que non vai ben

é a porta da aula,

cando saímos e entramos

temos que fastidiala.

 

Todas as mañás na clase de

matemáticas hai copias,

inda que atendamos,

o profe segue cas liortas.

 

Tamén na clase de natu

o profe non para de falar,

pero aprendemos moito

e tamén nos gusta charlar.

                Imtiach, Laura, Rebeca e Ezequiel - 1º A

 

Os alumnos de primeiro

temos cousas que dicir,

o único que necesitamos

que alguén nos queira oír.

 

O profe de sociais

non para de explicar

e bótanos sen máis

se nos ve falar.

 

O luns pola mañá

Vicente só fai berrar,

como sigamos así

teremos que escapar.

 

Cinco días á semana

temos que madrugar,

seis horas no insti

non nos deixan gozar.

 

O profesor de mate

non nos deixa falar.

Se nos oe falare, de

copias hase tratar.

 

A señora da limpeza

sempre nos manda baixar

cando ela está limpando

para non lle ensuciar.

 

Dous días de descanso,

deberes a mogollón,

todos os días soñando

que cheguen as vacacións.

            Miguel A., Eva, Rosario e Miriam - 1º A

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Advertisement

One response to this post.

  1. […] A Buguina « Coplas de Entroido […]

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: