Xente normal e problemas reais

Desconfiarei sempre de quen non respecte a miña lingua. Porque, ao facelo, demostra que non me respecta a min, e ao tempo tamén demostra que non respecta un ben cultural esencial.

Desconfiarei sempre de quen non considere normal o seu uso institucional e simbólico, porque non considera normal a miña realidade cultural e porque ademais pensa que ten dereito a decidir o que é a normalidade, e curiosamente a normalidade é el, e non eu.

Desconfiarei sempre de quen diga que o meu problema non é real, porque me fai de menos e porque pensa ter o poder de decidir o que é real, e casualmente tamén o é el, e non eu.

Desconfiarei sempre de quen diga que as linguas son para entenderse e non para crear problemas e utiliza este argumento para crear problemas coas linguas.

Desconfiarei sempre de quen manipule realidades deliberadamente e ouse acusar as linguas perseguidas de seren as perseguidoras. Desconfiarei sempre de quen vexa como un gasto innecesario a promoción da miña lingua e como un investimento imprescindible a promoción da súa.

Desconfiarei sempre de quen queira acomplexarme porque falo con naturalidade a lingua de meus pais.

Desconfiarei sempre de quen me negue a lingua, porque me sinto comprometido cos que a salvaron para que eu llela poida aprender aos meus fillos.

E procurarei enfadarme pouco, só cando me pareza normal e diante de ameazas que considere reais. E sempre, pero sempre, plantarei cara.

 

CARLES CAPDEVILA, director do diario Ara.
 Tradución ao galego do seu artigo “Gent normal i problemes reals”
 Fonte: web de ProLingua, a través do blog cadernodelingua
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: