14 de febreiro, San Valentín, bicos polo galego

“Fronte ao desamor da Xunta, está o amor da xente. A inmensa maioría da sociedade galega quere o galego”

A Mesa pola Normalización Lingüística festexa o Día dos Namorados cunha bicada en defensa do galego.

A bicada realizarase o Día dos Namorados ás 17 h na praza do Toural de Santiago de Compostela

A Mesa presentou esta mañá unha actividade orixinal para reivindicar o idioma de Galicia. Para o 14 de febreiro, Día dos Namorados, organizaron unha “bicada lúdico-reivindicativa” en defensa do galego, baixo o simpático nome de “Goza coa túa lingua”. Realizarase na praza do Toural de Santiago ás 17 h, aínda que tamén apuntaron que “haberá xente que, por non se poder desprazar a Compostela, tamén fará a bicada a esa hora desde outros lugares”.

Máis información  facendo clic na imaxe

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: