O pasado venres, 14 de xaneiro, alumnos de 3º participamos nunha actividade que patrocina o Concello de Vigo dentro do programa Vigo por dentro e que foi solicitada polo departamento de inglés do instituto. A actividade chámase Vigo Old Town.
Nesta saída extraescolar visitamos o Casco Vello da nosa cidade. O noso percorrido comezou na Porta do Sol, onde está situada a máis que coñecida escultura O Sireno. Continuamos pola Praza da Princesa, na cal contemplamos a Fonte do Anxelote, monumento á Reconquista de Vigo, pola cal se festexa a victoria e o nomeamento de cidade cos títulos de leal e valente. Ademais, nesta praza tamén atopamos o antigo teatro en frente da primeira casa do concello. A continuación visitamos lugares coma o Mercado da Pedra, a Rúa dos Cestos, a Praza da Constitución…, entre outros.
Grazas a esta visita coñecemos un pouco máis sobre a nosa cidade.
Alicia Rodríguez - 3º A