O día 14 de xaneiro os nenos e nenas da clase de 1º A fomos de excursión á Lagoa Mol. Era unha excursión dun programa do concello chamado Vigo por dentro e acompañounos unha guía para explicarnos de que río era a lagoa, que flora hai ao redor…
Marchamos do instituto ás 10:30 h da mañá e fomos en autobús ata Cabral, que é onde se encontra a lagoa Mol. Baixamos do autobús e fomos andando ata o monte Lodoso, que é onde se encontra a lagoa. A vexetación que predomina está formada por: estrugas, piñeiros, carballos, eucaliptos, acacias e loureiros. Tamén estivemos vendo que hai unha gran capa de humus. Logo estivemos vendo unha planta moi curiosa, porque é coma un embigo e chamáse ” couselo” . Esta planta é moi útil porque dela pode facerse unha tirita natural.
A continuación fomos ao monte Valadas, que está ao lado do colexio Martín Códax, para ver un muíño. Neste monte só hai castiñeiros e cerdeiras. Tamén estivemos observando as piñas que había no chan para saber os tipos de animais que habitan no monte.
Despois fomos andando ata o muíño, que se encontra no curso alto do río Lagares. O muíño estivo utilizado ata os anos 60. Hai uns anos foi rehabilitado, pero volve estar estragado e aprendemos que o baile da muiñeira foi creado a partir do ruído dos muíños.
Regresamos ao instituto ás 13.30 h, logo de pasar unha mañá entretida.
Laura Morgadanes 1º ESO A