O día 1 de decembro celébrase en todo o mundo o Día Mundial da Sida. Por este motivo os alumnos de 1º A volvemos poñer en funcionamento as nosas neuronas e conseguimos xuntar información sobre esta enfermidade que marca a vida cotiá de miles de persoas no planeta e que, inexplicablemente, segue cobrando novas vítimas cada día.
Segundo a Real Academia Galega o acrónimo sida escríbese con letras minúsculas porque xa está incorporado ao léxico común (como outros acrónimos tipo radar, laser, pyme e ovni). En galego é unha palabra de xénero feminino, pois o primeiro nome que conforma o acrónimo, síndrome, ten este xénero.
O nome actual da enfermidade da sida vén da tradución á nosa lingua da abreviatura do inglés Deficiency Syndrome (AIDS), Síndrome de InmunoDeficiencia Adquirida. Este é un nome que substituíu a outros propostos, como Gay-releted inmune deficiency (GRID), por pensarse nos inicios que era unha enfermidade que só afectaba ao colectivo homosexual.
Ata 1984 sostivéronse distintas teorías sobre a posible causa da sida. A teoría con máis apoio propugnaba que a sida era una enfermidade basicamente epidemioloxica. En 1983 un grupo de 9 homes homosexuais con sida dos Anxeles, que tiveran parellas sexuais en común, incluíndo a outro home en New York que mantivo relacions sexuais con tres deles, serviron como base para establecer un patrón de contaxio típico das enfermidades infecciosas.
O VIH está emparentando con outros virus que causan enfermidades parecidas á sida. Crese que este virus foi transferido dos animais aos humanos a comezos do século XX. Existen dous virus diferentes que causan sida nos seres humanos: o VIH-1 e o VIH-2. Do primeiro a especie reservorio son os chimpancés, de cuxo virus propio, o SIV cpz, deriva. O VIH-2 procede do SIV sm, propio da especie de monos de África Occidental. En ambos os casos a transmisión entre especies tense producido varias veces, pero a actual pandemia resultou da extensión do grupo M do VIH-1, procedente, segundo estimacións, dunha infección producida en África Central, onde o virus manifesta a máxima diversidade na primeira metade do século XX.
A pandemia actual ten a súa orixe en África Central, pero pasou inadvertida mentres non empezou a afectar á poboación de países ricos, nos que a inmunosupresión da sida non podía confundirse fácilmente con depauperación debida a outras causas, sobre todo onde os sistemas médicos estaban ben establecidos.