Premendo aquí coñecerás unha iniciativa que procura dinamizar o galego nun ámbito do que vós sodes coñecedores e usuarios, o das novas tecnoloxías, nunhas datas nas que os SMS van encher os móbiles dos mozos e mozas con felicitacións preelaboradas que saltan de aparello en aparello. Para que a lingua tamén navegue pola rede e chegue a todo o mundo a través da creación de SMS, animámosvos a que difundades esta proposta.
Como se pode participar?
- Trátase de recoller e difundir na páxina da coordinadora os SMS que creen os mozos para felicitar o Nadal e o Aninovo.
- Procurarase que as mensaxes SMS, ademais de seren en galego, sexan orixinais e creativas, que a innovación e o enxeño conquisten os móbiles e a rede.
- Os alumnos cumprimentarán o formulario (sobrenome/nick, idade, centro educativo, localidade, provincia, e-mail e o espazo reservado para o seu SMS).
- Na páxina disporán dun dicionario galego de SMS, ao que poderán achegar novos termos SMS co seu significado, contribuíndo así a enriquecer esta ferramenta.
- Para dinamizar a actividade, os usuarios da páxina poderán votar as súas mensaxes preferidas ata o 2 de xaneiro. Os 3 SMS máis votados recibirán cadanseu lote de agasallos.
Posted by Damian on 21 de Decembro de 2010 at 3:49 pm
spro q pasds boas fstas d navidad,fliz aninovo