O noso programa de radio
Onda Valadares naceu no pasado curso 2009-10 pola iniciativa da profesora de Tecnoloxía Carmen Boado. Naquel primeiro ano tan só eramos uns poucos do segundo ciclo: Gabriel Carbón, Yerón Martínez, Thais Benabides, Cristian Bastos e mais eu, Julio César Alonso.
Se vos son sinceiro, ese ano foi bastante accidentado, sobre todo polos constantes problemas técnicos que nos asediaban.
Mais este ano,malia que só estamos dous dos do ano pasado mais a profe, promete ser grandioso, xa que contamos coa nova colaboración de: Daniel Figueiras, Samuel Vila, Iván Gómez, Raúl Alonso, e algún rapaces e rapazas do primeiro ciclo. E agora, todos xuntos, estamos botando para adiante o programa.
Preparamos a emisión semanal todos os luns e xoves durante os recreos e emitimos os venres. Principalmente poñemos cancións que nos piden estudantes e profesores a través dunha urna que temos colocada a carón da conserxaría do centro, mais algúns costumes propios: sempre empezamos coa mesma canción, “Live the life” de Coldplay; aproveitamos os cambios de canción para anunciar eventos especiais, ler as dedicatorias dos nosos oíntes máis fieis, ou mesmo alguna entrevista que lle facemos a profesores, etc… Cando o remate está cerca, pomos a canción de cumpreanos e felicitamos aos que estiveron de aniversario durante a semana e nolo comunicaron previamente, ou mesmo o fixeron os seus amigos.
Como acabo de contarvos, Onda Valadares está en evolución continua, e aberta a calquera proposta que poidades facer para transformar o instituto nun lugar máis entretido.
Julio César Alonso - 4ºA