O Galiñeiro: a crista de Vigo

O día 18 de outubro os alumnos de 3º de ESO do IES Valadares subimos ao monte Galiñeiro.

Podemos dicir que o tempo acompañou na saída, xa que pensamos que non se podería realizar pola choiva que viña caendo neses días.

A subida aconteceu sen incedentes graves. O cume acadouse ao redor das 14:30 (non todos conseguiron chegar).

A baixada, aínda que máis difícil cá subida, produciuse sen máis incidentes que unhas poucas caídas (non dispoñemos de documentación gráfica).

En xeral, a actividade gustou bastante, malia que houbo quen se sorprendeu da altura que tiña o monte.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ao día seguinte a maior parte dos alumnos e profesores pagamos as consecuencias da camiñata cunhas boas maniotas.

Jovita Álvarez - 3ºA
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: