Como todos os anos, temos xentiña nova no instituto que participa por vez primeira das nosas actividades. Queriamos saber que cousas lles chamaron máis a atención do Magosto e aquí temos dúas boas mostras:
“Este é o meu primeiro ano no instituto e o meu primeiro Magosto. Foi a miña primeira experiencia , e gustoume moito.
Tamén me gustaron moito os xogos: o das cadeiras, o de levar correndo a castaña nunha culler, o karaoke… Houbo ata gaiteirada!
Pareceume ben que os alumnos de cuarto organizasen o posto para recadar fondos para la excursion de fin de curso e que levasen para vender comidas caseiras como doces, empanadas, tortillla, madalenas…
Seguro que a tod@s @s alumn@s de primeiro lles gustou o magosto no instituto e por ser o primeiro non o esquecerán, a non ser que sexan moito mellores os dos próximos anos, que aínda nos quedan uns cantos”.
Lucía Iglesias – 1º B
“Todos os anos, no magosto os nenos e nenas de cuarto curso, montan unha tenda e venden comida para a saída de fin de curso, este ano levaron comida de todo tipo: tortas, orellas, galletas, rosquillas, todo tipo de biscoitos, filloas e outras larpeiradas.
No magosto tamén se fixeron xogos , o xogo das cadeiras, o das carreiras cunha castaña nunha culler e moitos máis. Foi un día onde o instituto parecía outro. Con dicir que a algúns xogos incluso xogaron OS PROFESORES!!!!!!!!!!!!
Ao gañador de cada xogo dábanlle de premio un vale de un euro para a cafetaría do instituto.
Tamén fixeron karaoke para os nenos e nenas que quixesen cantar, de feito había un presentador moi divertido!!!!
Viuse que todo o mundo ese día pasábao xenial. O malo foi ao día seguinte volver á rutina.”
Rocío Correa – 1º A