Excursión ao Morrazo. Cruzando o mar de Vigo

O día 15 de novembro os alumnos de 4º fomos facer senderismo a Cangas.

Chegamos ao porto de Vigo en bus e desde alí fomos a Cangas en barco. Na ida tivemos que ir na parte baixa do barco porque chovía, aínda que queriamos ir arriba.

Ao chegar botámonos a andar ata chegar a unha praia onde descansamos e tomamos unha pequena merenda. Rimos moito dos que escapaban das olas nas rochas.

Cando rematamos de comer cruzamos esa praia como se foramos os de Green Peace,  recollendo refugallos da area. Acumulámolos en dúas bolsas de vasura, pero aínda quedou  broza na praia para outras vinte.

Tras isto fomos a outra praia máis pequena, pero máis bonita. Alí xantamos baixo unha arbore e colleunos a choiva. Despois marchamos para coller o barco e tivemos que pasar por unha cova totalmente escura e con moitas pozas de auga, pero menos mal que Fernando ía equipado e levaba lanterna.

Chegamos ao porto e collemos o barco para vir de volta a Vigo, e esta vez puidemos ir na parte de arriba.

Chegamos ao porto de Vigo e tivemos tempo libre para andar pola Laxe.

Esta excursión estivo moi ben e gustounos moito a todos, xa que aínda que camiñamos moito, estivemos descansando na praia , tivemos tempo libre e fomos en barco.

O pase de diapositivas require JavaScript.



Damos as grazas aos profesores que viñeron connosco.


Isis e Sara de 4ºA
Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: