O último magosto. Así é como moitos alumnos de cuarto miramos este magosto. Pero hai que ter en conta que probablemente foi o mellor, xa que o disfrutamos máis por ser o último, e porque montar o telderete foi moi divertido.
Á parte de perder unha hora de clase, cousa que a todos nos gusta, pelamos castañas e todos colaboramos na montaxe do telderete. Démonos conta do ben que cociñamos nós, ou os nosos pais, xa que se vendeu todo moi ben, e recadamos bastante para a viaxe de fin de curso, xa que ese era o obxectivo do posto. Estar no mostrador foi moi divertido, e pelexar polos clientes tamén, pero sempre sendo amables.
Xogamos ós mesmos xogos de sempre, os costumes non se perden, mais este ano contamos cun novo presentador que animou a cousa.
Había escaseza de castañas, pero todos comemos.
En definitiva, o último, pero o mellor.
Antía Bastos 4º A