Visita aos xardíns do Pazo Quiñones de León

O pasado  outubro os alumnos de 3º ESO levamos a cabo unha actividade extraescolar que consistiu nun percorrido polos fermosos xardíns do Pazo Quiñones de León, en Castrelos.

A visita centrouse principalmente nos tipos de xardíns e de plantas que o forman, á parte da súa historia e da súa formación,  da que tamén nos falaron.

O xardín de entrada está situado diante e a un extremo da fachada do pazo. As plantas nesta zona están colocadas para dar a  sensación de grandeza e para destacar o edificio.

O xardín francés, formado por un falso labirinto e por outras plantas equidistantes. Para dar sensación de profundidade, as plantas máis altas son as máis afastadas.

A rosaleda está composta por un longo corredor atravesado por arcos de rosais e adornado con outros arbustos e esculturas.

O bosquete é un amplo espazo cuberto de céspede, castiñeiros, eucaliptos… esparexidos de forma irregular. Tamén se pode ver un gran pombal.

Por último, o xardín inglés, un terreo chan e aberto, cheo de céspede, algúnhas árbores, esculturas e algún estanques, un deles con bancadas para poder relaxarse oíndo o son da auga.

Yago Álvarez Casás – 3º A

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: