Bicis pola Paz. Contacontos solidario

Tivemos a sorte de recibir o mércores  no noso centro unha sacudida de emocións da man do contacontos Anxo Moure, o Carballo con Botas. Chegou moi de mañá no seu vehículo, unha pequena bicicleta, despois de pillar unha boa molladura polas empinadas costas que conducen a Valadares. Como isto non perturbou o seu animoso espírito, disfrutamos con el nada menos que catro sesións de contos, onde asomaron valores hoxe bastante esquecidos na nosa sociedade como a solidariedade, a economía sostible, o eco-transporte, o pacifismo, a liberdade ou a xustiza.

Ao rematar, agarrou de novo a súa inseparable bicicleta e marchou deixando atrás novas miradas entre a mocidade do instituto.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Se queres saber máis sobre o Carballo con Botas e os contos de Bicis pola Paz, visita a páxina http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: